Nunha soleada xornada matinal un novo obradoiro para o noso Club Pequeamig@s decorreu no Museo Provincial do Mar. Neste caso o papel e o lapis forón as ferramentas de diversión do noso numeroso grupo de nenos e nenas que se retrataron mutamente en parellas. O debuxo significou un medio de expresión e de relación personal. Unha entretida e orixinal experiencia que representou ao tempo unha aproximación ao traballo artístico como fenómeno social que foi amplamente desfrutado. Acaso non é tamén debuxar aos nosos amigos e amigas parte do patrimonio artístico que deben recoller os museos?
0 comentarios:
Publicar un comentario