OBXECTO: Sextante / Sextant /
Sextante
MATERIAIS: Metal
dourado, marfil, cristal, madeira / Gold metal, ivory, crystal, wood / Metal
dorado, marfil, cristal, madera
MEDIDAS: 24,2
x 23 x 9,7 cm
O sextante foi un dos maiores
achados na historia da navegación marítima de todos os tempos. Gobernou o mar
ata mediados do século pasado cando foi substituído polo Sistema de Posicionamento
Global (GPS), a triangulación por satélite ou o Galileo. Aínda así, nos barcos
de certa envergadura segue sendo obrigatorio ante posibles avarías nos equipos
electrónicos.
O seu funcionamento baseouse en medir a altura dun
astro visible nunha latitude (N, S) e comparala coa altura dese mesmo astro estando
no mar. Deste xeito, a diferenza presentaba a nova latitude.
Unha das innovacións que supuxo o sextante fronte ao
astrolabio foi que na medición se tomaron ángulos, o cal resultaba moito máis
sinxelo no mar en continuo movemento.
O sextante é basicamente un transportador de ángulos (chámase
sextante porque abarca 60º da circunferencia)
ao que se lle engaden espellos para poder situar na mesma liña visual o horizonte
e algún obxecto celeste.
Os diferentes xeitos de navegación por radio, radar ou
satélite teñen axudado a facer a navegación marítima moito máis rápida, sinxela
e accesible. Sen embargo, sempre se debe ter en conta que a navegación
celestial non require de electricidade nin pode ser controlada en exclusividade
por ninguén.
0 comentarios:
Publicar un comentario