Formulario de inscripción para a Xornada "Educación, cultura e acción social nos social media" dirixida por Pilar Gonzalo





Museo Provincial do Mar
(REDE MUSEÍSTICA DA DEPUTACIÓN DE LUGO)
Enrédate con nós
Verán 2011



A evolución das novas tecnoloxías puxo ao noso alcance ferramentas que fan posibles soños. Estas ferramentas posibilitan unha retroalimentación informativa sen precedentes. O modelo de xestión da información e acceso a contidos está agora dirixido por nós mesmos mediante Blogs, canles de TV y Radio en streaming, subscripcións RSS etc. Isto, xunguido á inmediatez e facilidade de difusión das redes sociais, conforma un escenario no que museos e demáis institucións culturais públicas, debemos saber tirar proveito de todas estas ferramentas para poder cumplir o noso fin como espazo público. Achegarse ao usuario non é suficiente, agora queremos que participes dun espazo que é teu e que está a túa disposición.
"Enredate con Nós" e o lema da proposta deste programa de actividades, que pretende enredar, enlear, envolver, engaiolar, enganchar, comprometer..., pór en rede a todos e todas. Propoñemos e tamén agardamos propostas; queremos suxestións, ideas ou proxectos. Trátase de democratizar o acceso á cultura, facer real o dominio público, das infraestructuras e equipamentos culturais: quen teña un proxecto veña e poda levalo a cabo nun espazo que é noso, de todos, teu.

CAMPAMENTOS PARA RAPACES E RAPAZAS: Comunicámonos? Entendémonos?
12 e 13 de xullo, 11 e 12 de agosto de 2011
Emisores activos ou receptores pasivos?
Mestres: Persoal dos departamentos de didáctica
Obxectivos: Nun mundo tan cambiante, as redes sociais constitúen  canles imprescindibles para a comunicación. Velaí o movemento 15M, creado e organizado a través destes espazos accesibles para todos; para nós tamén
Horario: de 11:00 a 13:30 horas.
Prazas: 20
Nota: Aínda que as datas de referencia para este campamento son as indicadas, o Museo queda en disposición de atender a todos e todos os participantes durante todos os días que van desde o 12 de xullo ao 31 de agosto, achegando recursos e colaborando no posible para o desenvolvemento pleno das súas iniciativas.

PROPOSTAS PARA FAMILIAS: ROTEIRO IRMANDIÑO
6 de agosto
Viaxe ao Museo Etnográfico de San Paio de Narla, en Friol, onde nos xuntaremos cos viaxeiros procedentes do Museo Pazo de Tor. Poñeremos en práctica as nosas capacidades e habilidades para recrear as guerras irmandiñas.
Prazas: 40
Inscricións: Museo Provincial do Mar

I XORNADAS: MUSEOS, AS REDES SOCIAIS COMO XENERADORAS DE CAMBIOS
Sábado, 27 de agosto, de 11:00 a 14.00 e de 17.00 a 19:00 horas
Xornada teórico-práctica:  Educación, cultura e acción social  nos social media. Estratexias, medición e avaliación para ámbitos de natureza cualitativa con impacto a medio e  longo prazo, por Pilar Gonzalo  que trabaja en el Área web del Museo Reina Sofía y es redactora de la sección ".org" de la revista Compromiso Empresarial" .

CONFERENCIA
Sábado, 2 de xullo, ás 20:00 h..-Os petróglifos. Gravuras rupestres ao aire libre, por Antonio de la Peña Santos. Promove: MariñaPatrimonio.

MUSEOLOXÍA SOCIAL
2 de xullo, 13:00 horas
Actividade práctica a cargo de persoal da ONCE.

22 de setembro, 11:00 horas
Pola mañá, actividade práctica a cargo de persoal da ONCE.
Pola tarde, reunión cos colectivos afectados e presentación das memorias e novas iniciativas do Departamento de Capacidades Diferentes e Accesibilidade.

EXPOSICIÓNS
A arte de ser muller nun mundo por compartir: Que ves cando me ves (Do 1 de agosto ao 30 de setembro)

Vídeo-proxección: Oficios e mulleres de aquí e de acolá (do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2011), ás 18.00 horas

Documentos con memoria (setembro de 2011)
Mostra bibliográfica, fotográfica e documental producida polo Museo Provincial de Lugo sobre o convento de San Francisco de Lugo con motivo do 80º aniversario da súa declaración como BIC.

CINE NO MAR
Do 1 ao 31 de setembro, ás 18:00 horas (agás luns e domingos pola tarde)

REVISTA ORAL: A voz dos carraos, nº 11. Sábado, 24 de setembro, ás 19:00 horas

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS
Visitas guiadas xerais
Todos os días, ás 12:00 e ás 17:00 horas
Itinerarios en feminino
Todos os domingos do verán, ás 12:00 h.

NOTA IMPORTANTE
A inscrición para as actividades que a requiren é gratuíta e poderá formalizarse a partir da data de publicación desta convocatoria no propio museo.
O prazo rematará cando se cubran, por rigorosa orde de inscrición, as prazas convocadas.
No caso de non se reuniren as inscricións suficientes para realizar algunha actividade (ou por causas de forza maior) poderá suspenderse algún dos obradoiros, circunstancia que se lles comunicará oportunamente ás persoas directamente afectadas.
No suposto que alguén decida non asistir a algún dos obradoiros nos que estea inscrito, prégaselle que lle comunique ao Museo esa incidencia para posibilitar o acceso das persoas inscritas en reserva.

Museo Provincial do Mar
Avenida da Mariña s/n
27890 San Cibrao, Cervo (Lugo)
Tfno.: 982 594572
museodomar@museolugo.org
www.museolugo.org.

Horario de verán (de xuño a setembro) Martes a sábado: Mañás de 11:00 a14:00. Tardes de 17:00 a 20:00
Domingos e festivos: Mañás de 11:00 a 14:00
Luns pechado

Entrada gratuíta
Xerencia da Rede Museística
Tfno.: 982 165534 / xerencia@museolugo.org





Con motivo do aniversario de Rosalía de Castro, o 24 de Febreiro, Fundación Rosalía de Castro e a Rede Museística de Lugo, presentarán unha proxección sobre a experiencia pedagóxica “Follas Novas, Novas Follas” gañadora do último certame da Fundación Rosalía de Castro e repartirán material didáctico da proposta aos grupos escolares que durante o día se acheguen aos Museos da Rede (San Paio, Museo do Mar e Pazo de Tor) e ao Museo da Fundación Rosalía de Castro en Padrón.


Seguindo unha política de máxima transparencia na xestión, este ano dende a Xerencia da Rede Museística, dependente da Area de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, presentamos a memoria 2010 dos Museo Provincial do Mar de San Cibrao, Pazo de Tor e Museo Fortaleza San Paio de Narla  en dous formatos, físico e dixital. Desta maneira todo aquel que o desexe pode consultala dende un ordenador. Pensamos que os usuarios deben saber como se xestionan os cartos investidos na Rede xa que son cartos que saen dos seus petos. Tamen e importante resaltar que a creación desta web esta feita con ferramentas gratuitas e que estan o alcance de todos.

A racionalización do gasto e a cooperación de todo o persoal deu como froito que cunha porcentaxe  destinado a actividades culturais, en principio, tan pequeno(menos de 6000 euros anuais en actividades culturais para cada un dos museos de San Paio, Pazo de Tor e Museo do Mar) teñamos:

Un correcto funcionamento e cumplimento estricto das funcións propias como museos.

 A máxima calidade no servizo ofrecido aos nosos usuarios co minimo gasto.


A web estructurase en 9 seccións, algunha con subseccións, que son as seguintes:

1.- Inicio: Páxina principal. É a presentación da web. Hai tres seccións destacadas e un apartado para publicala no Facebook.

2.- Sobre Nós: Nesta seccíon explicase que é a Rede e como traballa.

3.- Programas: Dende aquí podese acceder ós diferentes programas da Rede. Tales como:

-Arquitectónico: Melloras nas instalacións.
-Coleccións: Novo material incorporado ós fondos dos museos.
-Acción cultural: Concertos, teatro, conferencias, cine, exposicións, presentacións...
-Didáctica: Obradoiros realizados este ano.
-Económico: Orzamentos e video explicativo dos orzamentos.
-Institucional: Así funciona a Rede.
-Persoal: Listado de persoal que traballa en tres dos museos da  Rede.(San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo do Mar)
-Conservación: Actuacións levadas a cabo nas pezas das nosas coleccións.

4.- Mediateca: Un repaso a nosa actividade audiovisual neste ano.

5.- Estatísticas: Un repaso ás estatísticas dos tres museos da Rede.

6.-Descargas: Unha sección con material para descargar referente a todo o que fixemos este ano.

7.- Destacado: Un breve resumo das cousas máis destacadas na Rede neste ano 2010.

8.- Memorias dos museos: Memorias individuais por museo que se poden consultar online.

9.- Contacto: Para todos aqueles que se queiran poñer en contacto con nós

                                                                           

  MEMORIA DOS SOPORTES   
A Memoria é o tema comun que este ano escollemos na Rede Museistica de Lugo, guiadapolo ICOM,  para realizar os nosos, xa tradicionais, Obradoiros de Nadal. Un tema moi axeitado para unha institución que ten coma un dos seus fins preservar precisamente iso, a Memoria. Tamen teñen esta mision os Arquivos e as bibliotecas, que gardan dentro das suas paredes a memoria do noso patrimonio bibliográfico e documental. A memoria conservase nestas institucións sobre diferentes soportes actualmente, libros documentos, cds, dvds, microfilms... Pero non sempre estes foron os soportes polos cales os nosos antergos conservaron a sua historia e o seu coñecemento. A escritura, e os diferentes soportes dos que dispuxo, foron unha peza clave na conservación da memoria colectiva. 

Neste obradoiro habera unha parte practica e unha teorica na que veremos de maneira sinxela unha breve historia de todos eses soportes dos que se serviu a humanidade para deixar constancia da su memoria. Comezaremos na pedra e remataremos na web, recorrendo a Memoria dests soportes que tan importantes foron durante seculos. Na parte practica realizaremos unha sinxela axina web colectiva que sera a nosa pequena aportación a preservar a Memoria.

O Museo do Mar de San Cibrao non sempre foi o que hoxe coñecemos. Non fai tanto o edificio albergaba unha escola e foi o propio Mestre de esta, Francisco Rivera Casas o que xunto cos seus alumnos foi creando o Museo que hoxe vemos. O principio as pezas que ian traendo os rapaces servian como medio complementario para as ensinanzas do mestre, ata que a colección foi crecendo servindo de base para a creación do museo que hoxe podemos disfrutar. Do que foi a escola ainda quedan no museo varias mostras ademais do edificio, como poden ser un dos pupotres orixinais e que serviron de primeiras vitrinas.


Na parte practica do obradoiro prentedemos crear unha paxina web que recolla a memoria de ese edificio cando era escola. Dende que foi construido coma escola Indiana porla familia Montenegro ata que se transformou nun Museo. Será un traballo colectivo realizado por todos os participantes nos obradoiros dos diferentes museos. Comezarán o traballo no Museo do Mar, seguiran no de San Paio e reamatarano no Pazo de Tor. O proxecto comprende a creación dun Museo Escola Virtual que perpetue a Memoria da vella escola para que non se perda e poida ser desfrutado por todos os que non a coñeceron ou por aqueles que queiran recordala

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License