Os Pequeamigos teñen moita, moita pero moitísima marcha.
Esta semana descobreron o que era a arte efémera, e coma mostra dela decidiron facer unha alfombra das que é típico facer na Mariña para honrar ós mariñeiros, teñindo sal, marcando os debuxos e logo recheando coa sal, area e cunchas.
Como son moi aplicados e non podían traballar todos a un tempo na alfombra, mentras agardaban turno, fixeron minialfombras con sal e cartulina nas que experimentaron a técnica de rechear un debuxo, meteron o mar nunha botella e pregaron barcos de papel de periódico, colgando logo parte na nosa rede para seguer a enchela.
Xa para rematar tanto traballo ben feito, xogamos a adiviñar que había debaixo das vieiras, corrimos unha carreira de relevos de nexilóns e acabamos cunha batalla de auga.
Pasámolo en grande, e as alfombras resultantes, xuzgade vos mesmos.
Moitas grazas ós país e o resto dos nosos habituáis colaboradores, e a Sara e Mari que foron as nosas mestras alfombreiras.
O seguinte, reconstruir pezas arqueolóxicas.