Dentro da variada programación de actividades que este verán se están a desenvolver no Museo Provincial do Mar, o grupo de teatro Valacar, formado por actores cegos ou con deficencia visual e dirixidos por Lino Braxe, fíxonos desfrutar dunha fermosa noite coa interpretación da súa montaxe VELADA.
Moitas grazas a todos polo voso ben facer e por unha nova mostra de accesibilidade e inclusión.
0 comentarios:
Publicar un comentario