O xoves 13 de Agosto o Museo Provincial do Mar de San Cibrao (Cervo) acolleou a conferencia "As sereas, habitantes da Galiza: do mar de Arousa ao porto do Sancibrao, unha viaxe pola literatura e a arte" a cargo de Xulio Pardo de Neyra.
Xulio Pardo de Neyra é profesor Titular da Universidade da Coruña na Faculdade de Ciencias da Educación, sendo Doutor en Filoloxia Galega pola Universidade de Santiago de Compostela ao tempo que Doutor en Historia Contemporánea pola mesma Universidade e Doutor Europeo en Didáctica da Lingua e Literatura pola Universidade de València, sendo a única persoa que conta con tres Doutramentos e tres Teses de Doutoramento no Estado Español. Desde moi novo colaborou coa prensa escrita lucense, publicando o seu primeiro libro aos dezanove anos. Actualmente ten publicados unha trintena de ensaios centrados no estudo da literatura galega medieval, da do Barroco e da contemporánea, na introdución do vangardismo nas letras galegas, na literatura infantil, no republicanismo. Foi director da revista A literatura galega na Escola e participou en numerosos congresos e simposios, tanto nacionais como internacionais e, así mesmo, ten organizado varias xornadas.
O Museo Provincial do Mar organizou este acto seguindo a liña temática desenvolvida nas últimas semanas sobre a presencia das sereas na cultura galega, aproveitando a celebración da Maruxaina e en paralelo á exposición "A Maruxaina e outras sereas" que conta con esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Pablo Rivas.