De novo o noso amigo Yago Abilleira pasouse polo Museo do Mar a contarnos das súas experiencias como mergullador.
Desta volta encargouse de presentar o libro de Ramón Patiño “Naufragios en las costas gallegas”, no que el participa como colaborador.
Coma sempre, pasamos unha velada moi amena, chea de interesantísimas anécdotas de barcos afundidos e saqueos nos fondos mariños.
Yago di que se apunta a outra, e nos encantados de que os amigos volten por aquí.
Moitas grazas Yago, e ata outra que agardamos que non tarde moito.
0 comentarios:
Publicar un comentario