OBXECTO: Esperma de cachalote / Spermaceti /
Esperma de cachalote (Physeter macrocephs)
DATA: Século XX
MEDIDAS: 500 ml – Etiqueta MA0171T03
O espermaceti é un fluído branco e mesto que se atopa nunha cavidade
do cranio dos cachalotes. Por tanto, nada ten que ver coa reprodución.
Pénsase que está relacionado coa flotabilidade do animal xa que, ao
mergullarse, este fluído endurécese e equipara a súa densidade á da auga. Así o
esforzo natatorio que ten que facer o cachalote é moito menor, e pode manterse
baixo a auga moito máis tempo e a moita maior profundidade que calquera outro
cetáceo.
Despois de extraer o espermaceti da cabeza dos cachalotes, metíase
en toneis e vendíase a un valor considerablemente maior que o do resto dos
aceites de balea.
Foi usado pola industria cosmética, sobre todo en barras de labios
e maquillaxes; para iluminar lámpadas de aceite (xa que nin cheiraba nin chispeaba)
e para facer candeas con grande poder lumínico; e como lubricante, xa que non
varía a densidade cos cambios de temperatura e resulta ben a altas presións e
velocidades, chegando a usarse en foguetes e satélites espaciais.
0 comentarios:
Publicar un comentario