Esta mostra fotográfica promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade conta co patrocinio da área de Benestar Social, Deporte, Igualdade e Mocidade, vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, e é o resultado dunha viaxe a Cabo Verde en outubro de 2013 por parte do fotógrafo Roberto Amado. O acto inaugural, ao que asistíu o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, tivo lugar o xoves 23 de Outubro no Museo Provincial do Mar e contou coa actuación do grupo de mulleres caboverdianas residentes en Burela Batuko Tabanka, que encheu de sons e bailes a salas do noso Museo.









0 comentarios:
Publicar un comentario