O Museo Provincial do Mar de San Cibrao custodia a mellor colección de ósos de balea de Galicia
Dous investigadores do CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) aseguran que a colección de ósos de balea do Museo Provincial do Mar de San Cibrao é a mellor galega.
Traballan no Proxecto Galicia no lombo da balea, financiado polo Grupo de Acción Costeira GAC-7 Ría de Vigo- A Guarda, que pretende coñecer documentos e mostras históricas, os portos baleeiros galegos e realizar estudos xenéticos para coñecer os grandes cetáceos da historia de Galicia.








0 comentarios:
Publicar un comentario