A exposición que ata o 31 de Xaneiro se pode visitar no Museo Provincial de Lugo ENTRE O SONO E OS SOÑOS, é unha exposición que nace co espírito de amosar o significado do traballo en rede, do feito de compartir os recursos e do que é levar adiante un proxecto transversal e multidisciplinar no que todos os departamentos da Rede museística interveñen e colaboran no resultado final.
É por iso que ante a imposibilidade de levar físicamente a exposición ós outros tres museos da rede, optouse por visibilizala mediante panéis, códigos QR e diversas actividades coa comunidade para trasladarlle o espírito da mesma, as diversas formas nas que o home ó longo da historia organizou o seu descanso, os diferentes elementos que van aparecendo e a importancia que teñen os soños no mundo artístico e tamén a nivel individual como reflexo dos nosos desexos e anelos.
Técnicas coma o Yoga ou o Pilates axúdannos a conquerir un maior relaxamento e a permitir así que se libere o noso subsconscente e a que soñemos despertos.
Tanto o Clube Pequeamigos como o Club Senior aprenderon con Loudes alguna desas técnicas, e sobor de todo, pasaron un moi bon momento.
Non imos tardar en repatilo, xa vos manteremos informados.













0 comentarios:
Publicar un comentario