O mar sempre foi o medio máis idóneo para a entrada de novas culturas, novas técnicas, novas xentes, ..
Pero tamén para saír á búsqueda de novos mundos, novos e mellores medios de vida.
Por iso, porque o mar foi o encargado de recibir e despedir ós migrantes, os que se ían e os que chegaban, o Museo Provincial do Mar foi o marco máis axeitado para celebrar o 18 de Decembro o DÍA INTERNACIONAL DO MIGRANTE.
Pola mañá presentouse o documental Culturas en diálogo, mulleres de aquí e acolá, o resultado dun longo traballo de máis de un ano de conversas con mulleres que partiron de Lugo a Arxentina ou que fixeron a viaxe inversa, de Arxentina a Lugo, e pola tarde tivemos o contacto directo con persoas que dende Brasil, Cuba, Cabo Verde, Perú, Portugal, asentáronse en Galicia, e persoas que dende Galicia saíron cara Europa.
Como os recibiron nos países de acollida, como se afixeron ós novos costumes, como se sinten, si de eiquí ou de acolá, foron algún dos temas que saíron a debate na mesa redonda, e o mellor e que coma sempre na rede, o final quedamos enredados uns con outros e de seguro que isto so foi o principio de novos e fermosos proxectos.








0 comentarios:
Publicar un comentario