Provincia Lusitana: ou Mediterránea, ou mediterráneo lusitana. Augas temperadas. Bastante rica en especies que coinciden case na súa maioría coas do apartado anterior. Dende a apertura do canal do Suez estase a producir un intercambio de especies co Mar Roxo (pertence a outra provincia).
Nome da cuncha: Aviñeira, Concha de pelegrín
Clasificación xenérica: Phylum Mollusca; Clase Bivalvia; Orden Ostreoida; Familia Pectinidae; Género y especie Pecten jacobaeus
Materia: Materia orgánica
Descripción: Cuncha de ata 13 cm de lonxitude, coa valva inferior aplanada ea superior convexa. Presentan costelas radiais, de sección rectangular e estrías de crecemento. Umbo terminal, con dúas orellas d mesmo tamaño. Cor da valva superior vermella ou parda, con manchas, e a inferior rosada.
Hábitat e ecoloxía: Fondos de area, grava, ou fango en augas profundas. Vive semienterrada no sustrato.
Distribución: Dende Noruega ata Portugal
Procedencia: Italia
Profundidade: 20 metros .
Uso: Comestible. Recipiente co que bebían os pelegríns.
Forma de ingreso: Exposición temporal
Fonte de Ingreso: David A. López Álvarez
Procedemento: Colección
0 comentarios:
Publicar un comentario