Dentro dos actos programados pola Rede Museística da Deputación de Lugo con motivo da Semana dos Museos 2013, o vindeiro sábado, día 18, Día Internacional dos Museos, terán lugar nos museos que integran esta Rede as seguintes actividades:

Museo Provincial de Lugo

  • Durante esta xornada, os visitantes serán agasallados con libros do Servizo de Publicacións da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo.

  • 18:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.

  • De 19:30 a 21:00 h.- Expresión e artes da palabra na música popular galega
    Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo

  • 21:00 h.- Lipdup da Rede Museística
    Gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupoLamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina: Begoña Rodríguez Cacharrón.

  • 23:00 h.- Concerto da Noite dos Museos: Silvia Chigliak. Jazz Standards


Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol)

1ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural
Organizadas pola Asociación Carballo Vivo coa intención de contribuír a promover o interese pola cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do concello de Friol, vanse desenvolver nesta derradeira xornada no noso museo.
Ademais dos relatorios de diversa temática que se van desenvolver ao longo da xornada, o colofón váillelo poñer:

  • 16:30 h.- Visita guiada ao Museo Etnográfico san paio de Narla.

  • 18:00 h.- Representación da obra A Serpe da Cova a cargo do grupo de teatro escolar Algo máis que pan e queixo, do C.P.I. Dr. López Suárez.

  • 19:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.

  • 20:30 h.- Concerto da Noite dos Museos:  Verano Tassoti. Pop-rock.

  • Obradoiros
    Vén, Mira … é Tempo de Creatividade
    De 12:00 a 13:30 h.: para nenos/as de 4 a 14 anos
    Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar …



Museo Provincial do Mar

  • 18:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.

  • 20:30 h.- Concerto da Noite dos MuseosAlejandro Canoura (Guerrera). Blus-rock.

  • Obradoiros
    Vén, Mira … é Tempo de Creatividade
    De 12:00 a 13:30 h. : para nenos/as de 4 a 14 anos
    Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar …

  • EXPOSICIÓNS
    Obxectos para comunicar
    Exposición de obxectos escollidos entre os fondos deste museo e que tiveron no seu momento histórico unha función asociado á comunicación entre os seres humanos.

Pazo de Tor

  • 18:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.

  • 20:30 h.- Concerto da Noite dos MuseosJotinhho’s.

A entrada a todos estes actos é libre e gratuíta.

Lugo, 16 de maio de 2013

0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License