>»Venres, 17 de maio de 2013 (Día das Letras Galegas) Xornada de homenaxe ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, autor ao que se dedica este ano 2013 o Día das Letras Galegas.
Libros libres
Nesta xornada, a Biblioteca do MPLugo pon a disposición dos amantes dos libros e da lectura exemplares procedentes de expurgo que se expoñerán na bancada inmediata á Sala de Exposicións.
Photocall
Durante toda a semana que vai do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle guste.
Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que, quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período comprendido entre o 20 e o 31 de maio.
Libros libres
Nesta xornada, a Biblioteca do MPLugo pon a disposición dos amantes dos libros e da lectura exemplares procedentes de expurgo que se expoñerán na bancada inmediata á Sala de Exposicións.
Photocall
Durante toda a semana que vai do 14 ao 19 de maio, tendo como fondo un modesto escenario, quen o desexe poderá caracterizarse co chapeu e o nariz de pallaso (que identifica a R. Vidal Bolaño) e fotografarse cun cartelón coa palabra en galego que máis lle guste.
Estas imaxes iranse subindo ás redes sociais da Rede Museística para que, quen o desexe, coas palabras escollidas elabore textos literarios no período comprendido entre o 20 e o 31 de maio.
Concerto das Letras
19.00h.-. Obradoiro Fábrica de Sons, dirixido por Xesús Villarino(+ info).
Festa das Letras, na Praza de Santa María (Lugo)
21.00h.-. A área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo promove esta Festa das letras 2013, coas actuacións de Pandeiroumus. A Compañía do Ruído. Presenta: Isabel Risco (+ info).
>»Sábado, 18 de maio de 2013 (Día Internacional dos Museos e Noite Europea dos Museos) b>Libros libres
Nesta xornada a Biblioteca do MPLugo volve a poñer a disposición dos amantes dos libros e da lectura exemplares procedentes de expurgo que se expoñerán na bancada inmediata á Sala de Exposicións.
18:00 h.- Entre maiores: obradoiro de comunicación, con videoconferencia entre os 4 museos da Rede Museística Provincial.
De 19:30 a 21:00 h.- Expresión e artes da palabra na música popular galega
Obradoiro de expresividade oral, dramática e musical que desde diversas manifestacións da música popular galega nos permite explorar a dimensión creativa e comunicativa da palabra. Coordina: Pepa Yáñez Anllo
21:00 h.- Lipdup da Rede Museística
Gravaremos un lipdub, ou dobraxe de labios, un vídeo musical nun só plano-secuencia no que van participar moitas persoas dobrando en play-back o tema Logo chega o día do grupo Lamatumbá. O produto final será difundido a través das redes sociais. Colaboran na gravación os equipos técnicos de campUSCulturae da USC. Coordina: Begoña Rodríguez Cacharrón.
Concerto da Noite dos Museos
23:00 h.- Silvia Chigliak. Jazz Standards / Soul(+ info).
Outros obradoiros durante todo o mes de maio
Enrédate nas novas tecnoloxías
Tratamos sobre riscos no uso das TIC por parte dos menores. Ao tempo, daremos a coñecer a rede virtual dos catro museos integrados na Rede Museística Provincial. Xogar, enredar e aprender a usar con sentidiño as TIC.
Todos os xoves, de 18:00 a 19:30 h. Para nenos/as de 10 a 14 anos.
Vén, Mira … é Tempo de Creatividade
De 12:00 a 13:30 h. Para nenos/as de 4 a 14 anos
Obradoiros creativos, tendo sempre como fondo e referencia as coleccións dos nosos museos. Coñecer e experimentar, dialogar …
EXPOSICIÓNS
Obxectos para comunicar
Exposición de obxectos escollidos entre os fondos deste museo e que tiveron no seu momento histórico unha función asociado á comunicación entre os seres humanos: bargueños, escribanías …
Ben Cho Shey. 50 anos de maxisterio cultural (1918-1968)
Sala de Exposicións do Museo Provincial de Lugo (Do 14 de febreiro ao 20 de maio de 2013).
Xosé Ramón e Fernández-Oxea (Ben Cho Shey) (Ourense, 1896- Madrid, 1988). Pedagogo, inspector de ensino, xornalista, etnógrafo, arqueólogo, historiador, poeta, folclorista, narrador, lingüista, político comprometido co galeguismo dende a mocidade, republicano e antifascista.
0 comentarios:
Publicar un comentario