“HORTIPINTURA”
Obradoiro de pintura


Data: 1 de xuño de 2013 (sábado)
Lugar: Museo-Fortaleza San Paio de Narla
Horario: 12 horas- 13.30 h.
Idades: 3 a 16 anos
Prazas: 20 prazas CLUBE PEQUEAMIGOS CPI Dr López Suárez
Dinamizador: Modesto Fernández (Profesor de E. Plástica e Visual do CPI Dr. López Suárez)
OBXECTIVOS:
Con este obradoiro pretendemos incentivar a creatividade artística e a liberdade inventiva aplicando procedementos pictóricos na creación dunha nova hortaliza ou froita, á que ademais se lle deberá dar un nome.
Cuns mínimos coñecementos de bioloxía e da arte da pintura idearán novos seres seguindo as pautas do crecemento da natureza vexetal.
Neste proceso traballaranse as nocións da imitación e a imaxinación, e así ser capaz de diferencialas, pero tamén apreciar as posibilidades que ofrecen para completarse no desenvolvemento da creación artística.
 Perséguese buscar unha relación positiva entre mímese e invención como camiños que se complementan para abrir múltiples posibilidades de creación, dándolle relevancia ao proceso aberto e valor á sorpresa.
METODOLOXÍA:
Pódese destacar catro fases:
-Visita da exposición e breve explicación por parte do autor sobre a obra: xénero, procedemento, técnica, intencións, etc.
- Proxección de estruturas xeométricas que rexen formas orgánicas da natureza.
- O alumn@ elixirá un papel cunha mancha, que por algunha razón esperte o seu interese, para a continuación intervila con técnica seca ou húmida e crear un novo vexetal a partir desta.
- Darlle un nome á obra feita, mediante os diversos recursos que nos ofrece a lingua: asociacións, nomes compostos, metáforas, xogos de palabras, etc.
-- 
Mª Encarnación Lago González
Xerente  da Rede Museística Provincial de Lugo
pza. da Soedade s/n 27001 Lugo
tnos:  982-242112 /  699836883

0 comentarios:

Publicar un comentario

Insignia identificativa de Facebook

Image Hosted by ImageShack.us

Agora no twitter

    follow me on Twitter

    Recibenos no teu email

    Introduce a tua dirección:

    Delivered by FeedBurner

    Engadenos na tua web

    Siareiros

    ARQUIVO

    Contacto
    Museo Provincial do Mar
    Avenida da Mariña s/n
    San Cibrao
    27890 Cervo (Lugo)
    Tfno.: 982 594 572 / museodomar

    Horario de inverno (de outubro a maio)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Tardes de 16:00 a 19:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Horario de verán (de xuño a setembro)
    Martes a sábado:
    Mañás de 11:00 a14:00
    Tardes de 17:00 a 20:00
    Domingos e festivos:
    Mañás de 11:00 a 14:00
    Luns pechado

    Contenidos bajo licencia

    Creative Commons License